venres, 8 de xullo de 2011

E nós? Non cantaremos nós o "Va pensiero"?

Vai sendo hora de que en Galicia, tamén, cantemos todos xuntos o "Va pensiero" o coro dos escravos que lembran a súa patria "si bella e perduta". Si bella e perduta como a nosa lingua, a nosa cultura, os nosos artistas. E logo non haberá quen cante o Va pensiero na ópera??


O Teatro dell'Opera de Roma ergueuse para lle cantar a Berlusconi o “va pensiero” o coro de Verdi, símbolo histórico da dignidade e da liberdade de Italia. "
No Palco Real, o presidente da República, o Cardeal Vellini e Berlusconi asisten a representación de Nabucco.Ao rematar, o público pediu un bis. Daquelas, o director Riccardo Muti colleu un micrófono e falou para todo o teatro: "Teño máis de 30 anos, a miña vida está feita, pero como un italiano que viaxou o mundo sinto unha fonda vergoña polo que está a pasar no meu país. Así que se acedo a repetir, como pedides, o "Va Pensiero" non o fago tanto, ou só, por razóns patrióticas, senón porque esta noite, mentras o coro cantaba "O mia patria, si bella e perduta", pensei que, se destruimos a cultura, as ideas que están fundamentadas na historia da Italia, o noso país será, de feito, "bello e perduto". "Xa que estamos nun clima moi itálico, e mesto... Muti calou abondo, durante anos, e quixera facer unha excepción, estamos na nosa casa, non? O teatro da capital... O coro cantou magnificamente, a orquesta acompañou moi ben, se queredes unirvos tamén vós, o cantaremos todos xuntos”
E o teatro erguese en pé. Muti dirixiunos sen batuta e o teatro todo cantou moi a modiño, e a Italia de Verdi impúxose á Italia embrutecida polo home que amaña as leis no seu propio beneficio.

xoves, 30 de xuño de 2011

Galicia e Madrid

Dentro da programación do festival VERANOS DE LA VILLA está organizada unha serie de concertos deMúsica de Galicia en Madrid”. Entre o 30 de xuño e o 21 de xullo actuarán Uxía, Cristina Pato e Rosa Cedrón, Banda Crebinsky, Ialma e Mercedes Peón no auditorio do Espacio Conde Duque de Madrid (como xa dixen)


xoves, 9 de xuño de 2011

Ojos que no ven. Víctimas del fascismo desde la transición

Este vídeo, que atopei en Trafefando Ronseis (grazas Gracia Santorum) paréceme merecente de difusión. Non debemos esquecer Haití, Palestina, o Sahara. Pero tampouco, nunca, a nosa propia historia agochada:

venres, 20 de maio de 2011

INDIGNADOS, agora que estamos aínda en CAMPAÑA

Estamos, moitos, indignados.
Pero indignarse, non chega. Castelao: "non lle poñas chatas a obra namentras non se remate, o que queira que se poña a traballar nela, hai sitio para todos". Hai que actuar e tomar partido, non para que gañen os de sempre co noso desprezo, madia leva.
A Sociedade Civil moqueaba con resignación e aínda indiferencia, agora estamos indignados. Ben. Pero que sexa unha indignación activa, unha reacción da Sociedade Civil disposta a toma-las rédeas.
Temos que tomar decisións para que algo mude, para que a obra mellore traballando nela

luns, 2 de maio de 2011

A CHAVE...



O sábado fun ao acto de Queremos Galego na Sala Capitol de Santiago de Compostela (por se alguén non estaba informado).
Gustoume moito. Algúns fallos de organización si que houbo e Manuel Rivas podía traer mellor preparada a súa participación; ben, que lle imos facer... A min gustoume, emocionoume.
Pero teño coñecidos e amigos, nacionalistas e de esquerdas, que non quixeron asistir porque coidaban que era un acto
"sectario" Sectario sería se estivera restrinxido a unha secta, eu non vin tal.
E digo eu que a nós xa non hai por que ilegalizarnos; xa abondamos nós mesmos para dividirmonos, enfrontarmonos, acusarmonos, esnaquizármonos,...

MAZARICO

Esta mañá topei cun mazarico (1) diante da miña casa. Saín para traballar (como cada día) e dei co mazarico que camiñaba, tranquilamente, na leira que hai do outro lado da estrada. Parei co coche, parte para observar e tamén por non escorrentalo co ruído, e mirei, busquei outro. nestas chegou un corvo (non un mazarico), un corvo grande coma un mundo voando baixo cara el e o meu mazarico marchou tamén a voar...

xoves, 28 de abril de 2011

QUER QUE LLE QUER

Aprendín esta cantiga do meu pai hai tantos, tantos anos... Usaba o retrouso para se meter connosco, cos pequenos, cando collíamos unha perrencha ou nos poñíamos moi choromiqueiros.
E que voces máis antigas! Canto me gusta!

Found at: FilesTube

O QUER QUE LLE QUER

E quer que lle quer (3 veces)
que lle fagan a cama,
e quer que lle quer (3 veces)
que lla fagan ben baixa.

Xesús, que diaño de vella,
Xesús, que cousiñas ten,
ela quer que lle quenten a cama
e que se deiten con ela tamén.

E quer que lle quer (3 veces)
que lle ricen o pelo,
e quer que lle quer (3 veces)
que lle metan recheo.

Xesús, que diaño de vella,
Xesús, que cousiñas ten,
e quer que lle quer que lle fagan vestidos
e quer que lle quer que llos fagan xustiños.

E quer que lle quer (3 veces)
que lle faga un refaixo,
e quer que lle quer (3 veces)
que llo fagan ben baixo




mércores, 27 de abril de 2011

E chove nas vacacións. Que molla!!!

Pero pateamos (algo) e visitamos Monfragüe (teño que voltar sen chuvia), Cáceres (cidade museo. Prefiro Santiago ou Granada porque están vivas), Plasencia e Hervás. E descubrimos aves, paisaxes, lugares...

E o Jerte que ben, a verdade é que ben. Pero, coñecedes a ribeira de Chantada en primavera coas cerdeiras en flor? E no outono coas vides e cerdeiras en labaradas? Pois iso, que habería que venderse mellor. Digo nós.

luns, 25 de abril de 2011

venres, 15 de abril de 2011

VACACIÓNS


Monfragüe, O Jerte, Cáceres, Plasencia, poida que Mérida...
Que ben!
E alí que "nunca" chove e ameazan choiva cando vou eu. E logo non, se é que ven sempre canda min. E aínda, madia leva, que eu xa estou afeita e non me impide face-la miña vida... Pero xa!

xoves, 14 de abril de 2011

14 de ABRIL: DÍA DA REPUBLICA

Por que sentimos saudade dunha república que non coñecemos, dun
proxecto que non puido ser, un xémolo arrincado?



Será porque foi daquelas cando neste estado se puideron escoitar as voces caladas: a voz das mulleres, a voz dos países, a voz do pobo e dos pobos.

martes, 12 de abril de 2011

PROLINGUA: carta aberta ao presidente da xunta de galiza.


Prolingua: plataforma a prol da defensa e promoción da lingua galega ven de presentar esta carta dirixida ao Presidente da Xunta co obxectivo de lle demandar un compromiso definitivo coa Lei de Normalización Lingüística,

mércores, 6 de abril de 2011

"GgAaL-EGO"

A Coodinadora Galega de ENDL presenta unha campaña para reflexionar sobre os prexuízos lingüísticos que hai sociedade arredor da lingua galega e os seus falantes.
Que en Movistar (NOIA) se neguen a atenderme en galego ("si lo que pretende es que le atienda en gallego, ya le digo que no") ou que na Facultade de Química unha profesora recomende presentar os traballos en castelán porque en galego é limitarse, dan conta do necesarias que son estas campañas.

martes, 29 de marzo de 2011

Vivaldi a capella.

xoves, 24 de marzo de 2011

Crise en Portugal

Xa coñeciamos a cantiga Parva Que Eu Sou!! do grupo Deolinda (que está nunha entrada anterior) , estes non teñen desperdicio. E hai máis vídeos en youtube.


Letra:

E o povo pá?? Homens da luta. Composición: Jel(Nuno Duarte), Vasco Duarte

Da-lhe Falancio, pá!!
Pois é camaradas,pá!
Chegou a luta,pá, para provar que a cantiga ainda é uma arma,pá, e que deve e pode refectir os anseios do proletariado nacional, nestas alturas de grande crise,pá
A luta vai meter a boca no megafone, para explicar aqui nesta cantiga,pá, quais é que são os problemas que realmente afectam a nação, pá
Então cá vai!

É o desemprego,pá,a corrupção,pá, endividamento,pá, adepressão,pá, o aquecimento,pá, a recessão,pá
E como se isto não bastasse a reacção,pá
E os oprimidos,pá, os individados,pá, os suprimidos,pá, os separados,pá, os desvalidos,pá, desalinhados,pá e os sem-brigo coitadinhos dormem no chão,pá

[Refrão]
E o povo, pá?
E o povo, pá?
Quero dinheiro para comprar um carro novo,pá (2)

São indigentes,pá, são insolventes,pá, são repetentes,pá, delinquentes,pá
É só aumentos,pá, despedimentos,pá, aluimentos,pá, desenvestimentos,pá
E os camponeses,pá, e os professores,pá, e os reformados,pá e os pescadores,pá, e os subsídios,pá, e os ordenados,pá, e as dividas e os créditos mal parados,pá

[Refrão]
E o povo, pá?
E o povo, pá?
Quero dinheiro para comprar um carro novo,pá (2)

Ah, pois quero pá!
O povo tambem quer Ferraris,pá, o povo tambem quer Maseratis e Bentleys e Lamborghinis,pá
Porque são só os jogadores da bola a ter,pá
O povo tambem quer o novo CLK 200 da Mercedes,pá, o povo tambem quer um BMW Z3,pá, aquele muito bonito, com os estofos creme em pele,pá e com a manete das mudanças em marfim,pá
O povo tambem quer o novo Audi A8 com o motor Z12,pá que gasta 35 litros aos 100, mas dá a volta á 270 na autoestrada,pá
O povo tambem trabalha,pá!!

[Refrão]
E o povo, pá?
E o povo, pá?
Quero dinheiro para comprar um carro novo,pá

venres, 4 de marzo de 2011

RETROCESO Á PREDEMOCRACIA

Escena surrealista:
Mañá de xoves, feira en Noia.
A tenda de Movistar esta chea de clientes que agardan, pacientemente, seren atendidos pola única persoa que hai no local.
Un por un foron pasando pacientes-clientes, sen que a persoa que os atendía se apeara do máis rigoroso, que non correcto, castelán.
Chegada a miña vez, pregunto se hai algunha outra persoa que poida atenderme ou se habemos precisar tradutor. Ao que ela retruca que a outra compañeira está de vacacións e que " si lo que pretende es que la atienda en gallego, ya le digo que no"
Será posible nestes tempos? Ou é que imos para atrás?

martes, 22 de febreiro de 2011

luns, 21 de febreiro de 2011

Encontro de docentes e equipos pola normalización


A Coordinadora Galega de ENDL convida aos coordinadores/as e membros de Equipos de Dinamización da Lingua Galega e demais docentes interesados na normalización lingüística no ensino a participar no Encontro de docentes e equipos pola normalización, que terá lugar o vindeiro sábado 12 de marzo no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela. Pódese consultar o programa e toda a información relativa nos arquivos anexos a este correo ou no enderezo web http://www.coordinadoraendl.org/entrada.php.

Esta xornada quere servir de espazo de encontro do grande colectivo dos profesionais do ensino que traballa pola normalización da lingua galega nos centros escolares e o seu contorno para seguir ampliando as posibilidades de colaboración co obxectivo de dotar o alumnado da plena competencia lingüística tal e como establece a lexislación. Ao longo da xuntanza teremos a posibilidade de compartir diferentes experiencias que se desenvolven en institutos e colexios por medio de encontros simultáneos que abordarán diferentes perspectivas do labor normalizador e dinamizador.

Dende esta conxunción de esforzos, o encontro quere achegar un discurso optimista que revirta na calidade do ensino para lle outorgar ao galego o lugar que lle corresponde de seu na sociedade, tarefa na que como profesionais do ensino temos a obriga de nos implicar de maneira activa.

A inscrición é gratuíta e formalízase a través de correo@coordinadoraendl.org sinalando nome e apelidos e centro de ensino

mércores, 16 de febreiro de 2011

Que Parva que Sou” do grupo Deolinda



Parva Que Eu Sou!!

Deolinda

Sou da geração sem remuneração
E não me incomoda esta condição.
Que parva que eu sou!

Porque isto está mal e vai continuar,
Já é uma sorte eu poder estagiar.
Que parva que eu sou!
E fico a pensar,
Que mundo tão parvo
Onde para ser escravo é preciso estudar.

Sou da geração ‘casinha dos pais’,
Se já tenho tudo, pra quê querer mais?
Que parva que eu sou!
Filhos, marido, estou sempre a adiar
E ainda me falta o carro pagar,
Que parva que eu sou!
E fico a pensar
Que mundo tão parvo
Onde para ser escravo é preciso estudar.

Sou da geração ‘vou queixar-me pra quê?’
Há alguém bem pior do que eu na tv.
Que parva que eu sou!
Sou da geração ‘eu já não posso mais!’
Que esta situação dura há tempo demais
E parva não sou!
E fico a pensar,
Que mundo tão parvo
Onde para ser escravo é preciso estudar.

mércores, 9 de febreiro de 2011

SonCine, Meu Son Cine.

Un traballo do alumnado de audiovisuais de 3º da ESO do IES de Porto do Son co fondo musical, moi axeitado, de Alexandre Ferreiro.

venres, 4 de febreiro de 2011

Que pasa no mundo árabe?

Consulta neste enlace o mapa das revoltas no mundo árabe:
As revoltas no país.com
Esta é a reacción dos servidores do goberno amigo de occidente:

xoves, 3 de febreiro de 2011

xoves, 27 de xaneiro de 2011

OBEDIENCIA de Antón Lopo



Estou a ler OBEDIENCIA, unha novela de ciencia ficción que se deixa ler, é amena e orixinal.
Ao ler vou atopando, espallados entre as páxinas do libro, retallos da miña infancia: palabras monfortinas, palabras que só escoitei en Monforte e que dubido de que existan, polo menos co mesmo significado, fóra de alí.
Antón Lopo utiliza a palabra chacuecada e, para os de Monforte (de toda a vida), está clarísimo o que quere dicir...
E liló. Liló era o que me chamaba a miña nai cando me poñía coma unha moto e facía parvadas.
Cando remate coa historia, que me prende, dareille un repaso a caza de palabras...

venres, 14 de xaneiro de 2011

Tirado do blogue: CADERNO DE LINGUA

Remexendo en CADERNO DE LINGUA,como fago moitas veces e sempre atopo algo que me interese, atopei este vídeo cun tema de Leilía con letra de Suso de Toro sobre Palestina. Tamén trae a letra; hai que lela, porque ás veces deixámonos levar polo ritmo e non poñemos atención ás palabras:

Esas pedras contra tanques
eses corpos que rebentan
en libeliñas vermellas
toda a carne é sagrada.

Así como chuvia mansa
este mundo molla e sangra
a memoria non descansa
toda a carne é sagrada.

Vella liturxia da ira
alimenta a nosa rabia
odio con fame de sangue
toda a carne é sagrada.

O mundo perece aquí
a memoria non descansa
eu son ti e ti es min
toda a carne é sagrada.