xoves, 13 de decembro de 2018

Hoxe, camiñando en Compostela

Os meus espazos están agora en Compostela. Lugares tamén entrañables para min.
Cada día, ou case, camiño co meu can polo Panxonal e as Brañas do Sar.
Hoxe escoitei o son dunha frauta que se achegaba, ao pouco apareceu un home, un home normal, de mediana idade, pouco pelo e branco, correctamente vestido, que atravesaba a ponte tocando a frauta. Entro na carballeira e perdino de vista, pero o son  da frauta foise esvaecendo a modo como diluíndose  no aire fresco da mañá. Son esas cousas fermosas que poden pasar cando saes a camiñar cos ollos e os oídos atentos.

Hoxe, club de lectura

Hoxe, no club de le ctura, a coordinadora pediunos que pensaramos un lugar, unha construcción humana, que fora significativa para nós e que a comentaramos.
Pola miña mente pasaron a ponte romana en días de néboa, aqueles solpores coma lume na ponte romana, a torre do castelo, o campo da compañía, o cine... quedeime co patio da casa dos meus avós: o tilo, e a fonte, as cortes e o forno do pan, un lugar que xa non é meu e que xa non é.  Realmente todos eles son lugares de infancia e xa ningún é meu.

domingo, 11 de xaneiro de 2015

Xantar en galego

Ás veces navego pola rede a procura dalgunha receita e vexo que hai pouco, moi pouco, en galego.
Aínda así descubrín dous blogues, que sigo, completos e actualizados:
  • UN CACHIÑO DOCE,  con cociña tradicional e receitas novidosas. Moi clariño e moi ben explicado todo. Chama a atención o feito de que repita cada receita en castelán.
Outro blogue que paga a pena mirar é o do CEIP de Sigüeiro: "EU COCIÑO, TI COCIÑAS. Cociña con nenos” Cociña na escola.

Chamou tamén a miña atención a páxina de  EIRADO, grupo de consumo resposnsable de Composteca,  un grupo de persoas asociadas para mercar produtos ecolóxicos de forma directa ás produtoras e produtores.

sábado, 8 de marzo de 2014

domingo, 25 de agosto de 2013

A sociedade ante a violencia de xénero

   A organización POWA gravou en Johannesburgo a reacción dos veciños ante dous tipos de ruídos. 
Vídeo recollido no blogue Trafegando Ronseis, de Anxo e de Gracia:

xoves, 16 de maio de 2013

Mobilidade exterior ou deslocalización?

Como aquí xa non o queremos (ou é que xa o temos superado?), mandamos o galego á China.
Alí o quererían moitos e non sei que mal lles fai.

Non vos preocupar. Se na Cnina interesa, xa lle tirarán eles proveito e acabaremos por mercar cultura galega aos chineses. Un pobo tan orgulloso da súa cultura vai ser quen mellor poida garantir a conservación da nosa
Vou ter que rectificar todo o que antes escribín porque o caso é que, polo que escribe Manuel Varela en YouTube, este é, en verdade, o Coro e o Ballet do Teatro Nacional de Pyonyang, de Corea do Norte. E, a día de hoxe, os coreanos (do norte)  non están no seu mellor momento.

luns, 13 de maio de 2013