Aínda así descubrín dous blogues, que sigo, completos e actualizados:
- UN CACHIÑO DOCE, con cociña tradicional e receitas novidosas. Moi clariño e moi ben explicado todo. Chama a atención o feito de que repita cada receita en castelán.
- RECEITAS PARA TODOS OS DÍAS, sen glute , é un blogue moi bonito, cunhas fotografías impresionantes e receitas moi orixinaiis.
Outro blogue que paga a pena mirar é o do CEIP de Sigüeiro: "EU COCIÑO, TI COCIÑAS. Cociña con nenos” Cociña na escola.
Chamou tamén a miña atención a páxina de EIRADO, grupo de consumo resposnsable de Composteca, un grupo de persoas asociadas para mercar produtos ecolóxicos de forma directa ás produtoras e produtores.
Ningún comentario:
Publicar un comentario