sábado, 27 de xuño de 2009

A PIRAGUA

A Piragua de Candido Pazó, represéntarase esta fin de semana en Santiago, no Salón Teatro producida pola nova compañía Abrapalabra.Quedeime sen vela na primeira ocasión e non quero que me volva pasar. Só sei que trata dunha comunidade de veciños. O tema está xa moi usado, pero a min interésame a visión de Cándido Pazó.
Unha das cousas que máis me sorprende deste meu país é que non estean as salas a rebosar tendo tan poucas ocasións de ver TEATRO, habendo tan bos profesionais e sendo, como é, un espectáculo asequible por non dicir barato. A última vez, en OBRA, quedaron moitas entradas por vender. Espero que desta vez non suceda. A única maneira de defender a nosa cultura é facer uso dela: ler libros, escoitar música, ver teatro... non é?

venres, 12 de xuño de 2009

'Obra (No Comment)', de Quico Cadaval en Noia

O sábado 6 de xuño puidemos desfrutar da representación de "Obra (No Comment)", de Quico Cadaval en Noia, a cargo da compañía Producións Teatrais Excéntricas. No escenario unha chea de táboas e material de construcción que forman un decorado móbil. Tres actores: Víctor Mosqueira, Marcos Orsi e Borja Fernández dan vida ós personaxes da peza; fundamentalmente a tres inmigrantes de diferentes lugares e culturas que son os que se encargan de erguer os arañaceos da Gran Mazá. Ben acompañados, mesmo arroupados, polo piano Suso Alonso nos sitúan no Nova York da gran crise, a do 29, pero tanto ten...
POr outra parte, e sen esquecer a crise, moitos de nós lembramos as historias que nos contaban os avós que formaron parte dese exército de inmigrantes.

mércores, 10 de xuño de 2009

Poesía de Sophia de Mello Breyner Andresen

Hoxe vai de vídeos e música de Eurico Carrapatoso. Eu non o coñecía e din con el hoxe, buscando a música dunha cantiga portuguesa tradicional, Ó minha amora madura. Teño unha versión do Zeca e penso que sería unha boa peza para o noso coro
Ben, pois este vídeo pon imaxes á poesía de Sophia de Mello Breyner Andresen, unha estupenda autora portugesa que vos recomendo

Con letra de Miguel Torga e música de Eurico Carrapatoso

Miguel Torga é un deses autores cos que todos podemos disfrutar. Eu recomendo Os contos da montaña e Os novos contos da montaña, son libros de relatos moi doados de ler. Se podedes, é mellor ler a Torga en Portugués porque ten unha prosa marabillosa.