Amosando publicacións coa etiqueta teatro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta teatro. Amosar todas as publicacións

mércores, 1 de xullo de 2009

A PIRAGUA


A violencia de xénero desde fóra. A obra de Cándido Pazó fainos partícipes da violencia oculta e cotiá, coa que convivimos sen percibila.
É un tema moi recurrente e, aínda así, non está de máis. A representación ten momentos mellores e peores, ás veces baixa un pouco. Eu, con todo, recoméndoa. Sería mágoa que non seguira representándose.

sábado, 27 de xuño de 2009

A PIRAGUA

A Piragua de Candido Pazó, represéntarase esta fin de semana en Santiago, no Salón Teatro producida pola nova compañía Abrapalabra.Quedeime sen vela na primeira ocasión e non quero que me volva pasar. Só sei que trata dunha comunidade de veciños. O tema está xa moi usado, pero a min interésame a visión de Cándido Pazó.
Unha das cousas que máis me sorprende deste meu país é que non estean as salas a rebosar tendo tan poucas ocasións de ver TEATRO, habendo tan bos profesionais e sendo, como é, un espectáculo asequible por non dicir barato. A última vez, en OBRA, quedaron moitas entradas por vender. Espero que desta vez non suceda. A única maneira de defender a nosa cultura é facer uso dela: ler libros, escoitar música, ver teatro... non é?

venres, 12 de xuño de 2009

'Obra (No Comment)', de Quico Cadaval en Noia

O sábado 6 de xuño puidemos desfrutar da representación de "Obra (No Comment)", de Quico Cadaval en Noia, a cargo da compañía Producións Teatrais Excéntricas. No escenario unha chea de táboas e material de construcción que forman un decorado móbil. Tres actores: Víctor Mosqueira, Marcos Orsi e Borja Fernández dan vida ós personaxes da peza; fundamentalmente a tres inmigrantes de diferentes lugares e culturas que son os que se encargan de erguer os arañaceos da Gran Mazá. Ben acompañados, mesmo arroupados, polo piano Suso Alonso nos sitúan no Nova York da gran crise, a do 29, pero tanto ten...
POr outra parte, e sen esquecer a crise, moitos de nós lembramos as historias que nos contaban os avós que formaron parte dese exército de inmigrantes.