Vai sendo hora de que en Galicia, tamén, cantemos todos xuntos o "Va pensiero" o coro dos escravos que lembran a súa patria "si bella e perduta". Si bella e perduta como a nosa lingua, a nosa cultura, os nosos artistas. E logo non haberá quen cante o Va pensiero na ópera??
O Teatro dell'Opera de Roma ergueuse para lle cantar a Berlusconi o “va pensiero” o coro de Verdi, símbolo histórico da dignidade e da liberdade de Italia. "
No Palco Real, o presidente da República, o Cardeal Vellini e Berlusconi asisten a representación de Nabucco.Ao rematar, o público pediu un bis. Daquelas, o director Riccardo Muti colleu un micrófono e falou para todo o teatro: "Teño máis de 30 anos, a miña vida está feita, pero como un italiano que viaxou o mundo sinto unha fonda vergoña polo que está a pasar no meu país. Así que se acedo a repetir, como pedides, o "Va Pensiero" non o fago tanto, ou só, por razóns patrióticas, senón porque esta noite, mentras o coro cantaba "O mia patria, si bella e perduta", pensei que, se destruimos a cultura, as ideas que están fundamentadas na historia da Italia, o noso país será, de feito, "bello e perduto". "Xa que estamos nun clima moi itálico, e mesto... Muti calou abondo, durante anos, e quixera facer unha excepción, estamos na nosa casa, non? O teatro da capital... O coro cantou magnificamente, a orquesta acompañou moi ben, se queredes unirvos tamén vós, o cantaremos todos xuntos”
E o teatro erguese en pé. Muti dirixiunos sen batuta e o teatro todo cantou moi a modiño, e a Italia de Verdi impúxose á Italia embrutecida polo home que amaña as leis no seu propio beneficio.
Amosando publicacións coa etiqueta cultura b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta cultura b>. Amosar todas as publicacións
venres, 8 de xullo de 2011
sábado, 27 de xuño de 2009
A PIRAGUA
A Piragua de Candido Pazó, represéntarase esta fin de semana en Santiago, no Salón Teatro producida pola nova compañía Abrapalabra.Quedeime sen vela na primeira ocasión e non quero que me volva pasar. Só sei que trata dunha comunidade de veciños. O tema está xa moi usado, pero a min interésame a visión de Cándido Pazó.
Unha das cousas que máis me sorprende deste meu país é que non estean as salas a rebosar tendo tan poucas ocasións de ver TEATRO, habendo tan bos profesionais e sendo, como é, un espectáculo asequible por non dicir barato. A última vez, en OBRA, quedaron moitas entradas por vender. Espero que desta vez non suceda. A única maneira de defender a nosa cultura é facer uso dela: ler libros, escoitar música, ver teatro... non é?

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)