xoves, 13 de decembro de 2018

Hoxe, camiñando en Compostela

Os meus espazos están agora en Compostela. Lugares tamén entrañables para min.
Cada día, ou case, camiño co meu can polo Panxonal e as Brañas do Sar.
Hoxe escoitei o son dunha frauta que se achegaba, ao pouco apareceu un home, un home normal, de mediana idade, pouco pelo e branco, correctamente vestido, que atravesaba a ponte tocando a frauta. Entro na carballeira e perdino de vista, pero o son  da frauta foise esvaecendo a modo como diluíndose  no aire fresco da mañá. Son esas cousas fermosas que poden pasar cando saes a camiñar cos ollos e os oídos atentos.

Hoxe, club de lectura

Hoxe, no club de le ctura, a coordinadora pediunos que pensaramos un lugar, unha construcción humana, que fora significativa para nós e que a comentaramos.
Pola miña mente pasaron a ponte romana en días de néboa, aqueles solpores coma lume na ponte romana, a torre do castelo, o campo da compañía, o cine... quedeime co patio da casa dos meus avós: o tilo, e a fonte, as cortes e o forno do pan, un lugar que xa non é meu e que xa non é.  Realmente todos eles son lugares de infancia e xa ningún é meu.