Os meus espazos están agora en Compostela. Lugares tamén entrañables para min.
Cada día, ou case, camiño co meu can polo Panxonal e as Brañas do Sar.
Hoxe escoitei o son dunha frauta que se achegaba, ao pouco apareceu un home, un home normal, de mediana idade, pouco pelo e branco, correctamente vestido, que atravesaba a ponte tocando a frauta. Entro na carballeira e perdino de vista, pero o son da frauta foise esvaecendo a modo como diluíndose no aire fresco da mañá. Son esas cousas fermosas que poden pasar cando saes a camiñar cos ollos e os oídos atentos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario