luns, 18 de outubro de 2010

Xa que falabamos de Monforte

Manda Paula, para todos nós e para quen queira compartir connosco esta visita de xeito virtual, uns enlaces que nos poden interesar:
Nesta ligazón tendes moita información sobre Monforte. Algo deslabazada, pero boa. Moitos dos datos son de Felipe Aira. http://www.jrcasan.com/MONFORTE/historiademonforte.htm
Nesta outra, están as fotos do antes e o despois da restauración do mosteiro e do pazo condal como Parador de Turismo.
http://sosmuralla.iespana.es/
Aquí atoparedes cousas de Sober.
http://coladodovento.blogspot.com/
Este outro enlace é dun proxecto moi interesante para o impulso do agroturismo na zona. Inclúe produtos turísticos destinados a coñecer, da man da xente de aquí, os saberes tradicionais, lendas e patrimonio da zona. Un dos produtos é un taller de olería. Aparte destes produtos, que son de fin de semana, hai visitas ao romámico todos os venres, sábados e domingos.
http://www.agroturismoterradelemos.gl/
Pola miña parte só agradecer e felicitar a Monforte e Expolemos por contar con colaboradoras tan eficientes e amables como María e Paula.

venres, 8 de outubro de 2010

FINLANDIA, e logo?

E, QUE FACEMOS O DOMINGO...?


O domingo quedamos con Paula ás 11, para coñecer o Monforte histórico; saíremos do Castelo e baixaremos, camiñando e coñecendo, ata a Compañía (colexio dos escolapios, Nosa Señora da Antiga).
Non temos reservado o xantar, así que haberá que decidilo o sábado para reservar; somos moitos para aparecer sen avisar.

xoves, 7 de outubro de 2010

Monforte, xa tocaba!


O sábado, logo, en Monforte. Temos cita ás 12 no centro do viño, deberíamos pasar antes polo hotel, xa vos mandei o enderezo por correo electónico, e máis o xeito de chegar. Ás dúas (14:00) temos mesa reservada n'A Polar. Ás catro e media quedamos con Paula, a nosa guía, na Compañía para emprender viaxe cara a Sober; primeiro a Gundibós, logo visitaremos a adega Regina Viarum . Se temos tempo e o tempo acompaña poderemos ir ata o miradoir do Sil. A ver...