Amosando publicacións coa etiqueta Monforte de Lemos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Monforte de Lemos. Amosar todas as publicacións

xoves, 27 de xaneiro de 2011

OBEDIENCIA de Antón Lopo



Estou a ler OBEDIENCIA, unha novela de ciencia ficción que se deixa ler, é amena e orixinal.
Ao ler vou atopando, espallados entre as páxinas do libro, retallos da miña infancia: palabras monfortinas, palabras que só escoitei en Monforte e que dubido de que existan, polo menos co mesmo significado, fóra de alí.
Antón Lopo utiliza a palabra chacuecada e, para os de Monforte (de toda a vida), está clarísimo o que quere dicir...
E liló. Liló era o que me chamaba a miña nai cando me poñía coma unha moto e facía parvadas.
Cando remate coa historia, que me prende, dareille un repaso a caza de palabras...

luns, 18 de outubro de 2010

Xa que falabamos de Monforte

Manda Paula, para todos nós e para quen queira compartir connosco esta visita de xeito virtual, uns enlaces que nos poden interesar:
Nesta ligazón tendes moita información sobre Monforte. Algo deslabazada, pero boa. Moitos dos datos son de Felipe Aira. http://www.jrcasan.com/MONFORTE/historiademonforte.htm
Nesta outra, están as fotos do antes e o despois da restauración do mosteiro e do pazo condal como Parador de Turismo.
http://sosmuralla.iespana.es/
Aquí atoparedes cousas de Sober.
http://coladodovento.blogspot.com/
Este outro enlace é dun proxecto moi interesante para o impulso do agroturismo na zona. Inclúe produtos turísticos destinados a coñecer, da man da xente de aquí, os saberes tradicionais, lendas e patrimonio da zona. Un dos produtos é un taller de olería. Aparte destes produtos, que son de fin de semana, hai visitas ao romámico todos os venres, sábados e domingos.
http://www.agroturismoterradelemos.gl/
Pola miña parte só agradecer e felicitar a Monforte e Expolemos por contar con colaboradoras tan eficientes e amables como María e Paula.

venres, 8 de outubro de 2010

E, QUE FACEMOS O DOMINGO...?


O domingo quedamos con Paula ás 11, para coñecer o Monforte histórico; saíremos do Castelo e baixaremos, camiñando e coñecendo, ata a Compañía (colexio dos escolapios, Nosa Señora da Antiga).
Non temos reservado o xantar, así que haberá que decidilo o sábado para reservar; somos moitos para aparecer sen avisar.

xoves, 7 de outubro de 2010

Monforte, xa tocaba!


O sábado, logo, en Monforte. Temos cita ás 12 no centro do viño, deberíamos pasar antes polo hotel, xa vos mandei o enderezo por correo electónico, e máis o xeito de chegar. Ás dúas (14:00) temos mesa reservada n'A Polar. Ás catro e media quedamos con Paula, a nosa guía, na Compañía para emprender viaxe cara a Sober; primeiro a Gundibós, logo visitaremos a adega Regina Viarum . Se temos tempo e o tempo acompaña poderemos ir ata o miradoir do Sil. A ver...

xoves, 18 de febreiro de 2010

Viaxar a Monforte en primavera

O concello de Monforte, capital da Terra de Lemos está hoxe ben comunicada, xa non só por tren, agora xa se pode ir en coche.
Pódense visitar edificios históricos de gran interese e tamén o museo do viño. Pasear polo malecón á beira do río Cabe.
A estrada que sube ao Castro de Moreda estaba, neste tempo, inzada de mimosas. E desde o Castro, ao alborexar, aparece o castelo navengando entre as nubes. Talmente como Castroforte de Baralla.

Arredores

Máis Monforte

luns, 11 de xaneiro de 2010

PREPARÁNDONOS PARA MONFORTE

Nesta e nas seguintes entradas irei cargando vídeos, fotos e enlaces sobre Monforte.