sábado, 15 de decembro de 2012

"Diccionario" unha obra inspirada en María Moliner

Teatro de la Abadia representa a vida de María Moliner na obra Diccionario, de  Manuel Calzada Pérez, interpretada por Vicky Peña.

venres, 19 de outubro de 2012

En Suecia


domingo, 2 de setembro de 2012

FLORENCIA : A parte máis antiga da cidade, situada entre os ríos Arno e Mugnone, parece datar dos tempos do Imperio Romano porque está construído como unha das colonias de César. A capital é o centro histórico, artístico, económico e administrativo da Toscana. Marabilla de renacemento, onde están presentes e vivos personaxes como Dante ou Michelangelo.

 



  

IL DUOMO
Na Piazza do Duomo, centro, non digo neurálxico, pero si turístico e histórico, están Sta. María das Flores (a catedral ou Duomo), o altísimo Campanile, o Battisterio e, detrás, o Museo Opera do Duomo. 

A catedral está revestida de mármore branco, verde e vermello, como o Campanille e o Battisterio e como moitos outros edificiós de Florencia e da Toscana.
Preto da entrada atoparedes a baixada a unha pequena cripta onde se pode ver a tumba de Brunelleschi,
constructor da enorme cúpulaque foi decorada interiormente por Giorgio Vasari e Federico Zuccari coa representación do Xuízo Final. O horario para subir á cúpula é de 8:30 a 19:00 (sábados ata as 17:40). Os festivos está pechada. A subida é de infarto, sobre todo a parte final, case vertical.



Campanille de Giotto ou  campanario, como é común en Italia, está fora do recinto,e foi rematado por Andrea Pisano, seguindo os planos de Giotto.

O outro edificio que completa a praza é o Battisterio de San Giovanni. O máis interesante (e barato) é a porta que mira á catedral,  Portas do Paraíso, composta por 10 paneis de bronce con relevos que representan escenas do Antigo Testamento, o seu autor foi Lorenzo Ghiberti. Dentro pódese ver o mosaico bizantino da cúpula e  tumba do antipapa XOÁN XXIII, deseñado por Donatello e o seu discípulo Michelozzo Michelozzi.


O Museo Opera do Duomo contén moitas das esculturas e pezas orixinais que por motivos de conservación foron substituídos por copias na Catedral, o Battistero e o Campanile. No museo tamén se exhiben algunhas das ferramentas de construción orixinais e diferentes maquetas da fachada da catedral e da súa cúpula.

 


sábado, 21 de xullo de 2012

Sabino Cuadra e Rafa Larreina, parlamentarios

Exercer a cidadanía. Ser cidadáns nun estado democrático ten que ser algo máis que votar...

luns, 25 de xuño de 2012

venres, 15 de xuño de 2012

Barricada Los Maestros

Presentación con imaxes impresionantes, algunhas ben coñecidas por nós como "A derradeira lección do mestre" de Castelao, e unha canción de Barricada adicada aos mestres represalidos.

mércores, 6 de xuño de 2012

domingo, 11 de marzo de 2012

Non nos queda outra?

Manuel Rivas publica na súa columna semanal da contraportada de "El País" do sábado 10 de marzo de 2012 un artículo para reflexionar: ¿Gana Al Capone?
A miña reflexión ven sendo: E logo, non nos queda outra que achantar e calar? Estamos todos caladiños, procurando pasar desapercibidos, que non se nos vexa, que non vaia ser...
Paga a pena? Mexan por nós e dicimos que chove?

domingo, 5 de febreiro de 2012

NON HAI CARTOS PARA A CIENCIA, SÓ PARA A IGREXA CATÓLICA

Non hai diñeiro para a ciencia. O novo goberno anuncia un recorte de 600 millóns en Investigación e Innovación (I+D+I) , ao tempo que se decide pagar máis de 13.000 € mensuais á Igrexa Católica.
http://actuable.es/peticiones/casilla-apoyo-la-ciencia-la-declaracion-la-renta