xoves, 16 de maio de 2013
Mobilidade exterior ou deslocalización?
Alí o quererían moitos e non sei que mal lles fai.
Non vos preocupar. Se na Cnina interesa, xa lle tirarán eles proveito e acabaremos por mercar cultura galega aos chineses. Un pobo tan orgulloso da súa cultura vai ser quen mellor poida garantir a conservación da nosa
Vou ter que rectificar todo o que antes escribín porque o caso é que, polo que escribe Manuel Varela en YouTube, este é, en verdade, o Coro e o Ballet do Teatro Nacional de Pyonyang, de Corea do Norte. E, a día de hoxe, os coreanos (do norte) non están no seu mellor momento.
luns, 25 de xuño de 2012
«Fóra de serbicio»
mércores, 6 de xuño de 2012
venres, 8 de xullo de 2011
E nós? Non cantaremos nós o "Va pensiero"?
O Teatro dell'Opera de Roma ergueuse para lle cantar a Berlusconi o “va pensiero” o coro de Verdi, símbolo histórico da dignidade e da liberdade de Italia. "
No Palco Real, o presidente da República, o Cardeal Vellini e Berlusconi asisten a representación de Nabucco.Ao rematar, o público pediu un bis. Daquelas, o director Riccardo Muti colleu un micrófono e falou para todo o teatro: "Teño máis de 30 anos, a miña vida está feita, pero como un italiano que viaxou o mundo sinto unha fonda vergoña polo que está a pasar no meu país. Así que se acedo a repetir, como pedides, o "Va Pensiero" non o fago tanto, ou só, por razóns patrióticas, senón porque esta noite, mentras o coro cantaba "O mia patria, si bella e perduta", pensei que, se destruimos a cultura, as ideas que están fundamentadas na historia da Italia, o noso país será, de feito, "bello e perduto". "Xa que estamos nun clima moi itálico, e mesto... Muti calou abondo, durante anos, e quixera facer unha excepción, estamos na nosa casa, non? O teatro da capital... O coro cantou magnificamente, a orquesta acompañou moi ben, se queredes unirvos tamén vós, o cantaremos todos xuntos”
E o teatro erguese en pé. Muti dirixiunos sen batuta e o teatro todo cantou moi a modiño, e a Italia de Verdi impúxose á Italia embrutecida polo home que amaña as leis no seu propio beneficio.
luns, 2 de maio de 2011
A CHAVE...

O sábado fun ao acto de Queremos Galego na Sala Capitol de Santiago de Compostela (por se alguén non estaba informado).
Gustoume moito. Algúns fallos de organización si que houbo e Manuel Rivas podía traer mellor preparada a súa participación; ben, que lle imos facer... A min gustoume, emocionoume.
Pero teño coñecidos e amigos, nacionalistas e de esquerdas, que non quixeron asistir porque coidaban que era un acto "sectario" Sectario sería se estivera restrinxido a unha secta, eu non vin tal.
E digo eu que a nós xa non hai por que ilegalizarnos; xa abondamos nós mesmos para dividirmonos, enfrontarmonos, acusarmonos, esnaquizármonos,...
mércores, 6 de abril de 2011
"GgAaL-EGO"
A Coodinadora Galega de ENDL presenta unha campaña para reflexionar sobre os prexuízos lingüísticos que hai sociedade arredor da lingua galega e os seus falantes.Que en Movistar (NOIA) se neguen a atenderme en galego ("si lo que pretende es que le atienda en gallego, ya le digo que no") ou que na Facultade de Química unha profesora recomende presentar os traballos en castelán porque en galego é limitarse, dan conta do necesarias que son estas campañas.
venres, 4 de marzo de 2011
RETROCESO Á PREDEMOCRACIA
Mañá de xoves, feira en Noia.
A tenda de Movistar esta chea de clientes que agardan, pacientemente, seren atendidos pola única persoa que hai no local.
Un por un foron pasando pacientes-clientes, sen que a persoa que os atendía se apeara do máis rigoroso, que non correcto, castelán.
Chegada a miña vez, pregunto se hai algunha outra persoa que poida atenderme ou se habemos precisar tradutor. Ao que ela retruca que a outra compañeira está de vacacións e que " si lo que pretende es que la atienda en gallego, ya le digo que no"
Será posible nestes tempos? Ou é que imos para atrás?
luns, 21 de febreiro de 2011
Encontro de docentes e equipos pola normalización
A Coordinadora Galega de ENDL convida aos coordinadores/as e membros de Equipos de Dinamización da Lingua Galega e demais docentes interesados na normalización lingüística no ensino a participar no Encontro de docentes e equipos pola normalización, que terá lugar o vindeiro sábado 12 de marzo no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela. Pódese consultar o programa e toda a información relativa nos arquivos anexos a este correo ou no enderezo web http://www.coordinadoraendl.org/entrada.php.
Esta xornada quere servir de espazo de encontro do grande colectivo dos profesionais do ensino que traballa pola normalización da lingua galega nos centros escolares e o seu contorno para seguir ampliando as posibilidades de colaboración co obxectivo de dotar o alumnado da plena competencia lingüística tal e como establece a lexislación. Ao longo da xuntanza teremos a posibilidade de compartir diferentes experiencias que se desenvolven en institutos e colexios por medio de encontros simultáneos que abordarán diferentes perspectivas do labor normalizador e dinamizador.
Dende esta conxunción de esforzos, o encontro quere achegar un discurso optimista que revirta na calidade do ensino para lle outorgar ao galego o lugar que lle corresponde de seu na sociedade, tarefa na que como profesionais do ensino temos a obriga de nos implicar de maneira activa.
A inscrición é gratuíta e formalízase a través de correo@coordinadoraendl.org sinalando nome e apelidos e centro de ensino
venres, 14 de xaneiro de 2011
Tirado do blogue: CADERNO DE LINGUA
Esas pedras contra tanques

eses corpos que rebentan
en libeliñas vermellas
toda a carne é sagrada.
Así como chuvia mansa
este mundo molla e sangra
a memoria non descansa
toda a carne é sagrada.
Vella liturxia da ira
alimenta a nosa rabia
odio con fame de sangue
toda a carne é sagrada.
O mundo perece aquí
a memoria non descansa
eu son ti e ti es min
toda a carne é sagrada.



