Amosando publicacións coa etiqueta Normalización. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Normalización. Amosar todas as publicacións

luns, 25 de xuño de 2012

martes, 12 de abril de 2011

PROLINGUA: carta aberta ao presidente da xunta de galiza.


Prolingua: plataforma a prol da defensa e promoción da lingua galega ven de presentar esta carta dirixida ao Presidente da Xunta co obxectivo de lle demandar un compromiso definitivo coa Lei de Normalización Lingüística,

venres, 4 de marzo de 2011

RETROCESO Á PREDEMOCRACIA

Escena surrealista:
Mañá de xoves, feira en Noia.
A tenda de Movistar esta chea de clientes que agardan, pacientemente, seren atendidos pola única persoa que hai no local.
Un por un foron pasando pacientes-clientes, sen que a persoa que os atendía se apeara do máis rigoroso, que non correcto, castelán.
Chegada a miña vez, pregunto se hai algunha outra persoa que poida atenderme ou se habemos precisar tradutor. Ao que ela retruca que a outra compañeira está de vacacións e que " si lo que pretende es que la atienda en gallego, ya le digo que no"
Será posible nestes tempos? Ou é que imos para atrás?

luns, 21 de febreiro de 2011

Encontro de docentes e equipos pola normalización


A Coordinadora Galega de ENDL convida aos coordinadores/as e membros de Equipos de Dinamización da Lingua Galega e demais docentes interesados na normalización lingüística no ensino a participar no Encontro de docentes e equipos pola normalización, que terá lugar o vindeiro sábado 12 de marzo no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela. Pódese consultar o programa e toda a información relativa nos arquivos anexos a este correo ou no enderezo web http://www.coordinadoraendl.org/entrada.php.

Esta xornada quere servir de espazo de encontro do grande colectivo dos profesionais do ensino que traballa pola normalización da lingua galega nos centros escolares e o seu contorno para seguir ampliando as posibilidades de colaboración co obxectivo de dotar o alumnado da plena competencia lingüística tal e como establece a lexislación. Ao longo da xuntanza teremos a posibilidade de compartir diferentes experiencias que se desenvolven en institutos e colexios por medio de encontros simultáneos que abordarán diferentes perspectivas do labor normalizador e dinamizador.

Dende esta conxunción de esforzos, o encontro quere achegar un discurso optimista que revirta na calidade do ensino para lle outorgar ao galego o lugar que lle corresponde de seu na sociedade, tarefa na que como profesionais do ensino temos a obriga de nos implicar de maneira activa.

A inscrición é gratuíta e formalízase a través de correo@coordinadoraendl.org sinalando nome e apelidos e centro de ensino