Amosando publicacións coa etiqueta música. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta música. Amosar todas as publicacións

venres, 3 de maio de 2013

Arte ou publicidade?

Teño que agradecer, e moito, a María Varela que me mandara a ligazón deste anuncio xaponés. Arte en imaxe e madeira. Música, publicidade?

mércores, 16 de xaneiro de 2013

Pinturas de Leandro Lamas, música de Guadi Galego e Guillermo Fernández

Moito me gustou este vídeo ?? obra??. Co permiso da autora e dos autores vouno difundir alá onde eu poida chegar.

xoves, 30 de xuño de 2011

Galicia e Madrid

Dentro da programación do festival VERANOS DE LA VILLA está organizada unha serie de concertos de “Música de Galicia en Madrid”. Entre o 30 de xuño e o 21 de xullo actuarán Uxía, Cristina Pato e Rosa Cedrón, Banda Crebinsky, Ialma e Mercedes Peón no auditorio do Espacio Conde Duque de Madrid (como xa dixen)


xoves, 28 de abril de 2011

QUER QUE LLE QUER

Aprendín esta cantiga do meu pai hai tantos, tantos anos... Usaba o retrouso para se meter connosco, cos pequenos, cando collíamos unha perrencha ou nos poñíamos moi choromiqueiros.
E que voces máis antigas! Canto me gusta!

Found at: FilesTube

O QUER QUE LLE QUER

E quer que lle quer (3 veces)
que lle fagan a cama,
e quer que lle quer (3 veces)
que lla fagan ben baixa.

Xesús, que diaño de vella,
Xesús, que cousiñas ten,
ela quer que lle quenten a cama
e que se deiten con ela tamén.

E quer que lle quer (3 veces)
que lle ricen o pelo,
e quer que lle quer (3 veces)
que lle metan recheo.

Xesús, que diaño de vella,
Xesús, que cousiñas ten,
e quer que lle quer que lle fagan vestidos
e quer que lle quer que llos fagan xustiños.

E quer que lle quer (3 veces)
que lle faga un refaixo,
e quer que lle quer (3 veces)
que llo fagan ben baixo




martes, 29 de marzo de 2011

Vivaldi a capella.

xoves, 30 de decembro de 2010

Pilocha e Mini. Non só na memoria

Canto tempo...! Pilocha, que gusto atoparte e escoitarte.

mércores, 10 de xuño de 2009

Poesía de Sophia de Mello Breyner Andresen

Hoxe vai de vídeos e música de Eurico Carrapatoso. Eu non o coñecía e din con el hoxe, buscando a música dunha cantiga portuguesa tradicional, Ó minha amora madura. Teño unha versión do Zeca e penso que sería unha boa peza para o noso coro
Ben, pois este vídeo pon imaxes á poesía de Sophia de Mello Breyner Andresen, unha estupenda autora portugesa que vos recomendo

Con letra de Miguel Torga e música de Eurico Carrapatoso

Miguel Torga é un deses autores cos que todos podemos disfrutar. Eu recomendo Os contos da montaña e Os novos contos da montaña, son libros de relatos moi doados de ler. Se podedes, é mellor ler a Torga en Portugués porque ten unha prosa marabillosa.