venres, 18 de xaneiro de 2013
mércores, 16 de xaneiro de 2013
Pinturas de Leandro Lamas, música de Guadi Galego e Guillermo Fernández
Moito me gustou este vídeo ?? obra??. Co permiso da autora e dos autores vouno difundir alá onde eu poida chegar.
Etiquetas:
arte,
galego.,
Guadi Galego,
Guillermo Fernández,
Leandro Lamas,
música,
pintura
sábado, 15 de decembro de 2012
"Diccionario" unha obra inspirada en María Moliner
Teatro de la Abadia representa a vida de María Moliner na obra Diccionario, de Manuel Calzada Pérez, interpretada por Vicky Peña.
venres, 19 de outubro de 2012
domingo, 2 de setembro de 2012
FLORENCIA :
A parte máis antiga da cidade, situada entre os ríos Arno e Mugnone, parece datar dos tempos do Imperio Romano porque está construído como unha das colonias de César.
A capital é o centro histórico, artístico, económico e administrativo da Toscana. Marabilla de renacemento, onde están presentes e vivos personaxes como Dante ou Michelangelo.
IL DUOMO
Na Piazza do Duomo, centro, non digo neurálxico, pero si turístico e histórico, están Sta. María das Flores (a catedral ou Duomo), o altísimo Campanile, o Battisterio e, detrás, o Museo Opera do Duomo.
A catedral está revestida de mármore branco, verde e vermello, como o Campanille e o Battisterio e como moitos outros edificiós de Florencia e da Toscana.
Preto da entrada atoparedes a baixada a unha pequena cripta onde se pode ver a tumba de Brunelleschi, constructor da enorme cúpulaque foi decorada interiormente por Giorgio Vasari e Federico Zuccari coa representación do Xuízo Final. O horario para subir á cúpula é de 8:30 a 19:00 (sábados ata as 17:40). Os festivos está pechada. A subida é de infarto, sobre todo a parte final, case vertical.
Campanille de Giotto ou campanario, como é común en Italia, está fora do recinto,e foi rematado por Andrea Pisano, seguindo os planos de Giotto.
O Museo Opera do Duomo contén moitas das esculturas e pezas orixinais que por motivos de conservación foron substituídos por copias na Catedral, o Battistero e o Campanile. No museo tamén se exhiben algunhas das ferramentas de construción orixinais e diferentes maquetas da fachada da catedral e da súa cúpula.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)