domingo, 25 de agosto de 2013

A sociedade ante a violencia de xénero

   A organización POWA gravou en Johannesburgo a reacción dos veciños ante dous tipos de ruídos. 
Vídeo recollido no blogue Trafegando Ronseis, de Anxo e de Gracia:

xoves, 16 de maio de 2013

Mobilidade exterior ou deslocalización?

Como aquí xa non o queremos (ou é que xa o temos superado?), mandamos o galego á China.
Alí o quererían moitos e non sei que mal lles fai.

Non vos preocupar. Se na Cnina interesa, xa lle tirarán eles proveito e acabaremos por mercar cultura galega aos chineses. Un pobo tan orgulloso da súa cultura vai ser quen mellor poida garantir a conservación da nosa
Vou ter que rectificar todo o que antes escribín porque o caso é que, polo que escribe Manuel Varela en YouTube, este é, en verdade, o Coro e o Ballet do Teatro Nacional de Pyonyang, de Corea do Norte. E, a día de hoxe, os coreanos (do norte)  non están no seu mellor momento.

luns, 13 de maio de 2013

venres, 3 de maio de 2013

Arte ou publicidade?

Teño que agradecer, e moito, a María Varela que me mandara a ligazón deste anuncio xaponés. Arte en imaxe e madeira. Música, publicidade?

venres, 1 de marzo de 2013

Grandola, Ourense no 2013


O Zeca creou un himno, como alguén comentaba no facebook, "o hino dos indignados. Grándola, a canción que marcou a hora da revolución dos cravos, segue a ser, ademais de fermosa, necesaria.

venres, 18 de xaneiro de 2013