FLORENCIA :
A parte máis antiga da cidade, situada entre os ríos Arno e Mugnone, parece datar dos tempos do Imperio Romano porque está construído como unha das colonias de César.
A capital é o centro histórico, artístico, económico e administrativo da Toscana. Marabilla de renacemento, onde están presentes e vivos personaxes como Dante ou Michelangelo.
IL DUOMO
Na Piazza do Duomo, centro, non digo neurálxico, pero si turístico e histórico, están Sta. María das Flores (a catedral ou Duomo), o altísimo Campanile, o Battisterio e, detrás, o Museo Opera do Duomo.
A catedral está revestida de
mármore branco, verde e vermello, como o Campanille e o Battisterio e como moitos outros edificiós de Florencia e da Toscana.
Preto da entrada atoparedes a baixada a unha pequena cripta onde se pode ver a
tumba de Brunelleschi, constructor da enorme cúpulaque foi decorada interiormente por Giorgio Vasari e Federico
Zuccari coa representación do
Xuízo Final. O horario para subir á
cúpula é de 8:30 a 19:00
(sábados ata as 17:40). Os festivos está pechada. A subida é de infarto, sobre todo a parte final, case vertical.
Campanille de Giotto ou campanario, como é común en Italia, está fora do recinto,e foi rematado por Andrea
Pisano, seguindo os planos de Giotto.
O outro edificio que completa a praza é o Battisterio de San Giovanni. O máis interesante (e barato) é a porta que mira á catedral, Portas do Paraíso, composta por 10 paneis de bronce con relevos que
representan escenas do Antigo Testamento, o seu autor foi Lorenzo
Ghiberti. Dentro pódese ver o
mosaico bizantino da cúpula e tumba do antipapa XOÁN XXIII, deseñado por Donatello e o seu discípulo Michelozzo Michelozzi.
O Museo Opera do Duomo contén moitas das esculturas e pezas orixinais
que por motivos de conservación foron substituídos por copias na Catedral, o
Battistero e o Campanile. No museo tamén se exhiben algunhas das ferramentas de
construción orixinais e diferentes maquetas da fachada da catedral e da súa
cúpula.
Ningún comentario:
Publicar un comentario