domingo, 5 de decembro de 2010

Para nais, pais e filloas. A ver se nos entendemos...

Nos III Encontros de Bibliotecas Escolares de Galicia, Carlos Negro ofreceunos este poema do seu poemario MAKINARIA:

NO WAY
Eles,
que repasan cada noite
as contas da leiteira,
que tratan de envolverme
con ese ton de voz de
rapaz, para un momento,
mallan en min seguido
-pum pum, pum pum-
co martelo constante do deber:
a ver que vas facer da túa vida
[eu que sei]
vai matinando un pouco no futuro
[paso diso]
algo práctico que teña saídas
[o que cadre]
un choio que che dea de comer
[malo será].
Eles,
coa súa lista interminable
de
fainos caso e deberías de,
non entenden
que compartimos a mesma casa,
pero non se cadra o mesmo planeta.
[...]

Ningún comentario:

Publicar un comentario