Os meus espazos están agora en Compostela. Lugares tamén entrañables para min.
Cada día, ou case, camiño co meu can polo Panxonal e as Brañas do Sar.
Hoxe escoitei o son dunha frauta que se achegaba, ao pouco apareceu un home, un home normal, de mediana idade, pouco pelo e branco, correctamente vestido, que atravesaba a ponte tocando a frauta. Entro na carballeira e perdino de vista, pero o son da frauta foise esvaecendo a modo como diluíndose no aire fresco da mañá. Son esas cousas fermosas que poden pasar cando saes a camiñar cos ollos e os oídos atentos.
xoves, 13 de decembro de 2018
Hoxe, club de lectura
Hoxe, no club de le ctura, a coordinadora pediunos que pensaramos un lugar, unha construcción humana, que fora significativa para nós e que a comentaramos.
Pola miña mente pasaron a ponte romana en días de néboa, aqueles solpores coma lume na ponte romana, a torre do castelo, o campo da compañía, o cine... quedeime co patio da casa dos meus avós: o tilo, e a fonte, as cortes e o forno do pan, un lugar que xa non é meu e que xa non é. Realmente todos eles son lugares de infancia e xa ningún é meu.

domingo, 11 de xaneiro de 2015
Xantar en galego
Ás veces navego pola rede a procura dalgunha receita e vexo que hai pouco, moi pouco, en galego.
Aínda así descubrín dous blogues, que sigo, completos e actualizados:
Aínda así descubrín dous blogues, que sigo, completos e actualizados:
- UN CACHIÑO DOCE, con cociña tradicional e receitas novidosas. Moi clariño e moi ben explicado todo. Chama a atención o feito de que repita cada receita en castelán.
- RECEITAS PARA TODOS OS DÍAS, sen glute , é un blogue moi bonito, cunhas fotografías impresionantes e receitas moi orixinaiis.
Outro blogue que paga a pena mirar é o do CEIP de Sigüeiro: "EU COCIÑO, TI COCIÑAS. Cociña con nenos” Cociña na escola.
Chamou tamén a miña atención a páxina de EIRADO, grupo de consumo resposnsable de Composteca, un grupo de persoas asociadas para mercar produtos ecolóxicos de forma directa ás produtoras e produtores.
sábado, 8 de marzo de 2014
domingo, 25 de agosto de 2013
A sociedade ante a violencia de xénero
A organización POWA gravou en Johannesburgo a reacción dos veciños ante
dous tipos de ruídos.
Vídeo recollido no blogue Trafegando Ronseis, de Anxo e de Gracia:
Etiquetas:
Gracia Santorum,
Johannesburgo,
POWA,
Trafegando ronseis,
Violencia,
violencia de xénero
xoves, 16 de maio de 2013
Mobilidade exterior ou deslocalización?
Como aquí xa non o queremos (ou é que xa o temos superado?), mandamos o galego á China.
Alí o quererían moitos e non sei que mal lles fai.
Non vos preocupar. Se na Cnina interesa, xa lle tirarán eles proveito e acabaremos por mercar cultura galega aos chineses. Un pobo tan orgulloso da súa cultura vai ser quen mellor poida garantir a conservación da nosa
Vou ter que rectificar todo o que antes escribín porque o caso é que, polo que escribe Manuel Varela en YouTube, este é, en verdade, o Coro e o Ballet do Teatro Nacional de Pyonyang, de Corea do Norte. E, a día de hoxe, os coreanos (do norte) non están no seu mellor momento.

China,
cultura galega.,
galego,
Letras Galegas,
Lingua,
Lingua galega
luns, 13 de maio de 2013
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)